Estes son os nosos servizos, o que ofrecemos e como podemos axudarche.
AUDIO INMERSIVO
O audio inmersivo está agora en todas partes.
O cine, nas salas, ou as series, nas plataformas de streaming, xa requiren mesturas en formatos de audio inmersivos como Dolby Atmos para poder ser incluídos nos seus catálogos.
A industria dos videoxogos, cada vez máis centrada na realidade virtual e aumentada, e a acción en primeira persoa, con todos os avances do campo visual e da Intelixencia Artificial, fan que o son 3D sexa imprescindible para unha experiencia de inmersión completa.
E por suposto, a música, en Dolby Atmos, Sony360 ou os denominados formatos Spatial Audio para Apple, xa son accesibles en practicamente todas as plataformas para a maioría dos usuarios a través de simples auriculares grazas á "tradución" de Atmos a Binaural.
Ademais, gravar actuacións en directo en locais grandes e non tan grandes para a súa reprodución e desfrute en audio inmersivo é un dos produtos audiovisuais máis consumidos na actualidade.
Isto só acaba de comezar.
MESTURA E MASTERIZACIÓN
A ESPECIALIDADE. DENDE A CASA.
Deixa que todas as pistas, voces e instrumentos soen limpos, no seu lugar, na súa posición e plano natural, coa intensidade precisa, cos efectos axeitados, coa sonoridade que o teu estilo require, engadindo sempre un toque creativo.
A MESTURA, un proceso imprescindible unha vez que as pistas están gravadas e listas.
Facendo que a túa música soe tan ben como as grandes producións, tanto en calidade como en volume, cumprindo os estándares necesarios do sector.
Isto é MASTERING, o último proceso antes de que se publique a túa canción ou álbum.
E nós coidamos de todo isto.
01
Composición
Composición e produción musical orixinal personalizada
02
Deseño de son
Deseño de son ata o máis mínimo detalle
03
Foley
Gravación de recursos sonoros exclusivos
04
Postprodución
Efectos de son, edición e mestura.
XESTIÓN ARTÍSTICA.
Acompañamos ao artista dende o inicio da súa carreira ata onde o leve o seu talento, e sobre todo o seu traballo e dedicación.
Ofrecemos as ferramentas e o coñecemento para acadar os mellores resultados dentro da industria musical a través do noso propio selo de distribución e co noso equipo legal, de xestión e de reservas.

ESPAZO
Ademais das nosas instalacións sonoras, contamos cun pequeno espazo, digamos... privado, con capacidade para unhas 30 persoas, máis ou menos, no que realizar (case) todo tipo de actividades, dende a presentación acústica dun disco, a gravación dun videoclip, ata xornadas formativas e encontros musicais abertos a calquera estilo.